ALANA ofrecerá o seu primeiro concerto na Suíza este sábado no Terrafest 2025
Compartirán escenario con De Ninghures, Igns Trad, ACG A Roda, Galicia Celta Delémont, Loita Amada e Kike Varela.
Este sábado, 15 de novembro, Antía, Pablo e Eloy subiranse ao escenario da Salle Communale d’Onex, en Xenebra, para participar no Terrafest 2025. Comparten cartel con De Ninghures, Igns Trad, ACG A Roda, Galicia Celta Delémont, Loita Amada e Kike Varela. Celebrarase desde as 18:00 ata as 2:00 horas do día seguinte.
Este evento está organizado pola Irmandade Galega na Suíza, fundada no 1973 co obxectivo de divulgar na diáspora a orixe e identidade galegas, desenvolvendo actividades como esta.
“Temos moita ilusión de tocar en Suíza; será a nosa estrea nunha terra que históricamente tivo moito vencello con Galicia. Para nós é histórico, o feito de participar e tamén facelo con compañeiras e compañeiros de auténticos grupazos do panorama musical galego”, afirman.
Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro forman Alana. Un proxecto musical que mestura a música tradicional con ritmos de base electrónica e pop. A proposta da banda parte das recollidas, un traballo feito coa colaboración de moitas mulleres que desinteresadamente contribúen a preservar a riqueza da música e da tradición.
