O Festival Revenidas publica o cartel completo por días.
 
        
        O xoves 11 actuaran: Dubioza Kolektiv, The Rapants, The Baboon Show, Sanguijuelas del Guadiana, Hugo Guezeta, Buhos, Galician Army, Dick Move e A Duendeneta.
O venres 12 será a quenda de: Fermin Muguruza, Sés, Baiuca, Talco, The Testarudes, Sons Of Aguirre & Scila, J Martina, Seitura, Svetlana e A Duendeneta.
O sábado 13 danzaremos con Lendakaris Muertos, Riot Propaganda, La Élite, Heredeiros Da Crus, Dakidarría, Mondra, Bewis De La Rosa, Monoulious Dop, La Fúmiga, Omiri, Onza, F.R.A.C, Filloas (Vibra Mahou), Yaya Dj e A Duendeneta.
Pecharemos o domingo 14 coa tradicional sardiñada popular ao mediodía, a Gala de Circo Solidaria e as actuacións de Mekanika Rolling Band, As do Xeito, Concerto Punkinfantil, Orquestra Bravú Xangai e Terrae.
ABONOS E ENTRADAS POR DÍA
 -        Xoves: 35 euros + gastos de xestión
-        Venres: 35 euros + gastos de xestión
-        Sábado: 40 euros + gastos de xestión
-        Domingo: De balde
- Os abonos para as tres xornadas seguen á venda a un prezo de 69 € (+g.x.)
ZONA DE ACAMPADA
As persoas que merquen o abono poderán reservar na web o acceso á nosa zona de acampada ben no Rial – cun importe de 15€- ou na Pelada – 10 €- . En ambas haberá servizo circular de autobús gratuíto para os asistentes.
As persoas que teñan entrada de día só poderán reservar a súa zona de acampada na Pelada -10€- e deberán abandonar a zona de descanso antes do mediodía.
Fixádevos ben no nome á hora de marcar o complemento, xa que despois non aseguramos poder realizar o cambio de zona de acampada, e tratade de adquirilas o antes posible, xa que o normal é que se esgote o aforo!
Se xa tedes o voso abono ou entrada e queredes mudar o complemento da zona de acampada podedes facelo na seguinte ligazón (premendo aquí)
Lembrade que é preciso levar pulseira de acampada para poder acceder ás zonas, as parcelas terán un espazo máximo de 3x2 metros e poderedes aparcar nas inmediacións das mesmas. Todas as condicións e detalles podedes consultalos no apartado ACAMPADA da nosa web www.revenidas.com .
 
    