NoSoloEsRuido logo
Banner horizontal

Rodrigo Cuevas presentará ‘La Belleza’ na Coruña na que será a única data da súa xira en Galicia

Por Redacción NoSoloEsRuido
Imagen de la noticia

O creador máis irreverente da escena musical vén de publicar esta semana ‘Un mundo feliz’, un canto á liberdade no que participa a icónica Massiel

O artista asturiano vén de anunciar o avance dunha nova xira de “fantasía escénica e argumental”, que pon o foco “no lugar onde os soños e o fermoso se funden co terreal”, e que iniciará na primavera de 2026.

A única data de presentación da xira La Belleza en Galicia será o xoves 30 de abril na Coruña. Os detalles desta actuación ao vivo, a segunda após a inauguración do tour en Asturias, daranse a coñecer proximamente a través da web rodrigocuevas.sexy, na que tamén se poderán adquirir os billetes para a cita coruñesa.

O anuncio da xira de Rodrigo Cuevas e do seu regreso a Galicia coincide co lanzamento de "Un mundo feliz", sinxelo publicado esta mesma semana e no que colabora a icónica Massiel. Un canto á liberdade individual, a que cadaquén se mostre como realmente é, e que xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais.  

Imagen intermedia

Publicidad

Publicidad móvil