NoSoloEsRuido logo
Banner horizontal

Quinkillada lanza "Derradeira Canción" en colaboración con Grande Amore e Capital Voskov

Por Redacción NoSoloEsRuido
Imagen de la noticia

Derradeira Canción nace dunha pretensión de Quinkillada de abrir horizontes e saír da súa zona de confort, explorando sons aos que a banda morracense non estaba acostumada.

Ve a luz o novo sinxelo de Quinkillada en colaboración con Grande Amore e Capital Voskov, "Derradeira Canción". Un xunte que combina tres das bandas máis destacadas do panorama musical galego da actualidade, e que naceu da naturalidade de ir coincidindo en concertos e das boas relacións xurdidas durante estes anos. Este novo tema, que combina sons indies e funkies con sons de electrónica con predominio dos sintetizadores, xunta varias referencias a algúns dos grupos máis destacados da música en galego actual, xogando coa temática do desamor, centrando a visión en pasar e pechar páxina nunha relación.

"Derradeira Canción" nace dunha pretensión de Quinkillada de abrir horizontes e saír da súa zona de confort, explorando sons aos que a banda morracense non estaba acostumada. Para iso, mergulláronse nun proceso de escoita de moitas bandas, que abriron o camiño ás referencias que se poden escoitar na propia canción. Unha mostra de que a banda é capaz de saír das temáticas alegres e con alusións ao verán, para levar aos oíntes cara a nostalxia dos días chuviosos e fríos de inverno. Unha vez presentaron o tema ás dúas bandas o xunte foi instantáneo, poñéndose a traballar ao momento, e adaptando partes da canción aos estilos de Grande Amore e Capital Voskov, deixando ver o agarimo e agradecemento cara eles e os seus traballos.

Imagen intermedia

Quinkillada destaca que traballar con Grande Amore e Capital Voskov foi todo un pracer, recalcando a predisposición de ambas bandas dende o primeiro momento. Tamén aclaran que construír este tema en colaboración con eles foi unha experiencia agradable e divertida, sendo unha sorpresa para as tres agrupacións o fluído e sinxelo que foi o traballo conxunto.

Publicidad

Publicidad móvil