Encabezado de NoSoloEsRuido

LODE presenta 'Engaño', o seu novo sinxelo onde lle canta á traición.

O tema exerce como quinto adianto do qeu será o seu próximo Ep.

18/02/2025 Redacción

 No día dos namorados, LODE publicou 'Engaño', un tema que fala da traizón dende a honestidade, combinando a crueza dunha relación rota polo engano, explorando a dor de descubrir a verdade e o proceso de deixar atrás o que non merece a pena. Este tema que combina o reguetón máis moderno cunha base con toques de break beat é o quinto adianto do que será o seu novo traballo discográfico, que verá a luz nos próximos meses.

 Nunha nova aposta polo estilo que máis está caracterizando esta etapa do artista, o naronés explora e revitaliza de novo o xénero urbano. 'Engaño' exerce como unha clara declaracións de intencións, destacando a necesidade de abrir os ollos e elexir unha aposta mellor que a actual, que a está enganando sen pudor. A temática saíu das xuntanzas de composición que adoita ter LODE co seu equipo de confianza, e no que, compartindo vivencias, foron capaces de fiar a historia que deu pé ao tema.

 Presentación do proxecto na sala Capitol.  'Engaño', así como o resto de éxitos da carreira de LODE serán protagonistas no seu concerto de presentación do proxecto, que terá lugar o domingo 4 de maio na gran sala de concertos de Galicia, a sala Capitol de Santiago de Compostela. As entradas está xa á venda, no que será un concerto moi especial para o naronés. A súa ambiciosa proposta, que combina a súa capacidade vocal e melódica co seu talento para o baile, é a carta de presentación do artista, que apostará por presentar un espectáculo nunca antes visto dentro do xénero en Galicia.

 MÁIS SOBRE LODE 

LODE é o futuro do xénero urbano. Cun estilo versátil e multidisciplinar, o artista galego está abraiando ao seu público pola gran combinación nas súas composicións de sons actuais e bailables cunha gran voz. Tras o seu éxito en redes sociais e o seu paso por programas televisivos como La Voz ou El Hormiguero, o de Narón presenta un ambicioso proxecto no que conflúen o seu talento como cantante coa posta en escena que desprende grazas ás súas capacidades como bailarín. A súa presenza non pasou desapercibida dentro da industria musical, sendo apoiado por grandes figuras do panorama internacional e nacional como Juanes ou Álex Ubago.

Actualmente, o cantante, bailarín e compositor está preparando o seu novo traballo discográfico, que verá a luz este ano baixo o formato de EP e que conta xa cos adiantos de "Carita de Ángel", "Tres Tragos", "TKILA", "Recuerdo" e "Engaño". A presentación do mesmo terá lugar o domingo 4 de maio nun dos mellores recintos de concertos de Galicia, a histórica sala Capitol de Santiago de Compostela. Nel deixará patente a súa versatilidade e capacidade vocal, aos que se lles sumará o seu talento coreográfico e posta en escena, nun espectáculo nunca antes visto no xénero urbano en Galicia.