Familia Caamagno publican 'Bomba de calor' terceiro e último adianto do seu próximo traballo
Familia Caamagno lanza ‘Bomba de calor’, o terceiro e último avance do sei novo LP, ‘Disco Comarcal’, álbum que verá a luz o vindeiro 23 de xaneiro.
‘Bomba de calor’ é un tema de puro power pop, con guitarras afiadas, melodías vocais luminosas e coros que atrapan desde a primeira escoita. A letra aborda cuestións actuais como a crise da vivenda, a ansiedade ou a procura dunha saída nun mundo asfixiante dominado polo consumo, que non deixa espazo para o amor -ou que nada ten que ver con este-. Familia Caamagno envolve así unha mensaxe crúa cun son vibrante e optimista, e retoma unha crítica da que o quinteto xa dera conta co seu ‘Milagre económico’.
O novo tema de Familia Caamagno -que presentará ‘Disco Comarcal’ o 6 de febreiro na Sala Capitol- acompáñase dun videoclip rodado na Coruña e que dirixe David Silva.

