NoSoloEsRuido logo
Banner horizontal

Calllejo e Lontreira unen forzas en ‘Quen gañou?’

Por Redacción NoSoloEsRuido
Imagen de la noticia

Tras presentar ‘Déixame bailar (Queimadura)’, primeiro adianto do seu álbum debut "Moscoso", Calllejo publica xunto ao trío Lontreira o enérxico ‘Quen gañou?’. O álbum preséntase en directo en La Fábrica de Chocolate (Vigo) o xoves 23 de abril, o mesmo día que sae a luz

Calllejo, o proxecto en solitario do músico e produtor vigués Adrián Callejo, iniciou a comezos de abril o seu camiño discográfico co lanzamento de ‘Déixame bailar (Queimadura)’, o primeiro adianto de "Moscoso", o seu álbum debut, que verá a luz o vindeiro 23 de abril de 2026.

Agora únese a Lontreira, trío de electropop formado por Adri Cores, Héctor Rodríguez e Iván Barral, para presentar ‘Quen gañou?’, un tema enérxico cunha desas melodías que quedan na cabeza.

Se ‘Déixame bailar’ é a certeza, ‘Quen gañou?’ é a dúbida. A través desta pregunta retórica, Calllejo pon voz a esa sensación universal de non saber se o vivido foi real ou foi algo que construído na imaxinación.  

 O retrouso repite "quen gañou" case como un eco que rebota nunha habitación baleira. Porque nunha ruptura así, ambigua e sen peche, ninguén gaña. Non hai vencedor cando un segue esperando e o outro xa desapareceu. ‘Quen gañou?’ non é unha canción de desamor ao uso. É unha canción sobre a confusión, sobre esas relacións que nunca se definen e por iso nunca rematan de todo. Sempre queda a pregunta aberta flotando.

Publicidad

Publicidad móvil