NoSoloEsRuido logo
Banner horizontal

“Ribeirana”, o novo sinxelo de Sheila Patricia, chega acompañado do anuncio do seu próximo disco

Por Redacción NoSoloEsRuido
Imagen de la noticia

Xa se pode escoitar o novo sinxelo de Sheila Patricia, e novo adianto do seu disco, que será publicado o próximo 17 de decembro.

"Ribeirana" é o último avance que se fará público antes do lanzamento do disco, con este sinxelo Sheila Patricia continúa desvelando as múltiples capas que conforman a súa identidade artística. Nesta ocasión mergúllase na tradición galega dende unha visión persoal e contemporánea, reinterpretando a enerxía festiva e o carácter vívido das músicas de ribeira. A peza, cun ritmo sólido e unha estética moi marcada, conecta coa raíz colectiva e coa memoria emocional dun pobo que canta, baila e celebra o que permanece vivo co paso do tempo.

A música orgánica, coa electrónica minimalista intégranse tal e como temos visto noutros traballos da artista, utilizando as pandeiretas, pandeiros e voces das pandereteiras Marina Vidal e Paula Espada como elemento central da peza xunto coa propia cantante.

Con "Ribeirana", a artista presenta por primeira vez a estética visual que acompañará o novo disco: unha mirada á raíz, á terra e ao camiño andado, que se suma ao fío conceptual das múltiples capas que conforman a súa identidade artística.

Este lanzamento anticipa un disco que condensará as esencias que acompañaron a Sheila Patricia ao longo da última década: raíz galega, sonoridades contemporáneas, feminidade, espiritualidade, experimentación e unha profunda conexión co público. Un álbum que representa a madurez dunha etapa creativa e a consolidación dun universo artístico que a sitúa como unha das voces máis singulares da música galega contemporánea.

SOBRE SHEILA PATRICIA 

 Sheila Patricia é unha artista, cantante e compositora galega recoñecida pola súa forza escénica e a capacidade de fusionar tradición e vangarda. O seu traballo artístico ten como eixo o empoderamento feminino, a oralidade galega e a conexión entre culturas.

 Desde os seus primeiros pasos na música, destacou por reivindicar a voz da muller como centro da creación, explorando o corpo, a maternidade, a sensualidade e a espiritualidade como territorios inseparables. A súa música mestura raíz galega con ritmos afro-latinos, jazz, electrónica e experimentación, construíndo unha identidade sonora única.

 Ao longo da súa carreira, Sheila Patricia compartiu escenario con artistas de referencia, colaborou en proxectos de investigación arredor da oralidade galega e levou a súa proposta a festivais dentro e fóra de Galicia. O seu estilo foi cualificado como “música fronteira”, por transitar entre tradición e vangarda, entre intimidade e celebración colectiva.

 En 2018 presentou as primeiras mostras da súa mestizaxe musical, que axiña foi recoñecida en medios especializados de músicas do mundo. Desde entón, o seu nome consolidouse como unha das voces máis singulares da escena galega actual, cun discurso propio no que a música funciona como canle de transformación persoal e colectiva.

 A través da creación e da improvisación en vivo, os seus concertos inspiran ás mulleres a conectar coa súa deusa interior e recoñecer o seu poder creador. Para Sheila Patricia, a música non é só unha proposta artística, senón tamén unha filosofía vital: un rito de empoderamento, liberdade e resistencia.

Publicidad

Publicidad móvil