A banda galega EXERIA anuncian os concertos pra o fin de semán das Letras Galegas.
Exeria estarán actuando en Vigo, O Barco de Valdeorras e Ponteareas.
15/05/2024
"O mes de Maio dende tempos inmemoriais marca o comezo dun ciclo; a celebración do Beltane ou os Maios, son festas onde saímos cara a primavera e o esplendor floral invade o noso rural. Celebramos tamén as nosas letras galegas e que mellor ocasión para saír con forzas renovadas a compartir as cancions mais actuais, que debuxan imaxes cotidías e coas que todas podemos sentirnos identificadas no noso idioma." Exeria son unha banda que combina xéneros como o grunge e o britpop, dándolle un novo xiro coa súa propia fórmula, todo aderezado con letras en galego. Non contenta con isto, a banda segue abríndose a novas influencias e asimilando música que a priori queda fóra do seu radar estilístico. As raíces son importantes para calquera proxecto, e o sentimento de pertenza a un lugar e tempo concretos determina unha mirada e un xeito de crear as súas cancións. Así o demostra no seu novo traballo "Sobre a independencia", un EP de 5 cancións que se publicou o pasado Marzo acompáñado dun videoclip pertencente á canción "A Costa de Frades". Exeria estarán acompañados pola banda MEU no seu concerto na Sala Contrabajo de Vigo o próximo xoves 16.
-Xoves 16 Sala Contrabajo (Vigo) + Meu entrada inversa
-Venres 17 Café Bajo 5 (O Barco de Valdeorras) entrada libre
-Sábado 18 JJ Copas (Ponteareas) entrada libre
Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario y proporcionar servicios personalizados. Al continuar navegando por este sitio, aceptas el uso de cookies de acuerdo con nuestra política de cookies.