Familia Caamagno publica, ‘Milagre económico’, o primeiro avance do seu novo disco.
A canción é unha crítica ao sistema turbo capitalista, en contraposición ao auténtico milagre de hoxe en día: “ter unha vida sinxela e satisfactoria”.
13/05/2024 Diego Añon
“O milagre económico é safar”. Así de clara e explícita é a mensaxe que canta Familia Caamagno no seu novo tema, "Milagre económico", canción chamada a se converter noutro himno asinado pola banda de garaxe e rock & roll de Sigüeiro, e que se pode dende xá.
"Milagre economico" é o primeiro sinxelo que Familia Caamagno dá a coñecer do seu próximo disco, logo da publicación no 2022 de "O mundo está derrotado", e que verá a luz nos vindeiros meses. A canción, gravada e masterizada nos estudios El Castillo Alemán, por Carlos Hernández, é unha crítica ao apetito insaciable do turbo capitalismo, unha idea que o quinteto de Sigüeiro quere confrontar co que, considera, é o auténtico milagre nos tempos que corren: poder ter unha vida sinxela e satisfactoria.
Así, "Milagre económico" convida ao público a reflexionar sobre o traballo e o esforzo dun xeito cínico e retranqueiro, co humor habitual que acompaña á Familia Caamagno. “O milagre está por ocorrer. Deixa o chollo e vén!”, canta o grupo neste novo tema, que se acompaña dun videoclip, dirixido por Xaime Miranda.
Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia del usuario y proporcionar servicios personalizados. Al continuar navegando por este sitio, aceptas el uso de cookies de acuerdo con nuestra política de cookies.