O concerto Negra Sombra da academia de canto Bonnie Cooper homenaxea as Letras Galegas o xoves 16 de maio ás 20h.

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá o evento con entrada libre ata completar cabida.

14/05/2024 Diego Añon
O público poderá gozar con pezas dos compositores García Abril, Montes, Toldra e Monpu, e de compositores pontevedreses como Pedrosa e Zumalave. Tamén terá lugar a estrea mundial da propia Bonnie Copper, compositora e soprano.
A soprano e compositora canadiense afincada e Pontevedra, Bonnie Cooper, chegará o vindeiro xoves 16 ás 20h ao Teatro Principal xunto o alumnado da súa escola de canto. Baixo o título de ‘Negra Sombra’ terá lugar o concerto destinado a celebrar as Letras Galegas.
Tamén terá lugar a estrea mundial da compositora Bonnie Cooper. O peche contará cunha interpretación coral da peza Negra Sombra, con música de Montes e texto de Rosalía de Castro.
O evento contará con entrada libre ata completar cabida.