‘Veñan as cinco’ achegará poesía nas 5 linguas da península a diversos puntos da cidade de Pontevedra entre o 25 e o 27 de outubro.

16/10/2024 Diego Añon

O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez presentou esta mañá a que será a primeira edición do festival poético ‘Veñan as cinco’ acompañado da organización do evento, o Ateneo de Pontevedra, representado por Antón Sobral, Carlos Avello, Xaime Toxo, e Tensi Xesteira.

 “Estamos aquí para presentar este festival de poesía que o propio Ateneo organiza baixo o nome de ‘Veñan as cinco’ que fai referencia ás 5 máis faladas linguas da península ibérica. Queremos agrader o esforzo e tesón para que este festival poida ser posible. Houbo ao longo dos meses de preparación unha serie de eivas, problemas e dificultades e se non é polo esforzo e ganas que lle puxeron, non estaríamos hoxe aquí. Desde aquí o noso agradecemento en nome de todas as amantes da poesía de Pontevedra porque imos ter a oportunidade de gozar da poesía, de afondar na reflexión ou simplemente no goce estético desta arte que as veces, ou normalmente, distrutamos en soidade, na casa, etc e imos transformar iso no feito de xuntármonos cas persoas que non teñen ese gusto habitual e terán a oportunidade de descubrila e descubrir un panorama moi amplo da poesía que se está facendo na península ibérica nas diferentes linguas que eu creo que é un panorama moi representativo do que se está facendo hoxe en día. A parti do venres 25 ás 19h. no Museo de Pontevedra, o Teatro Principal, o bar Diaño, A Verbena, poderemos gozar da presenza de Nuria Vilán, María Sánchez, Mari Luz Esteban, Zheto Cunha Gonçalves, Mireia Calafell, Silvia Penas e o músico Fran Fernández. Parabéns e agradecementos”, comezaba o edil.

O presidente do Ateneo, Xaime Toxo, apuntou que “a poesía é un dos sinais máis identitario do Ateneo de Pontevedra. Xa tivemos outro festival previo ao que foi a pandemia, que era PontePoética que tivo un percorrido de 9 edicións e a chegada da Covid marcou dalgunha maneira un fin de etapa. Queriamos reinciar e recuperar o sentido orixinal do que fora PontePoética que era un festival limitado ás cinco linguas da península ibérica – as catro linguas do estado e engadirlle a lingua portuguesa que é a lingua nosa tamén – e ese era o noso propósito. A Poesía como sinal de identidade, esa vocación que temos de construír a realidade en base a esa linguaxe, se queredes neste stempos tan líquidos, unha palabra que represente ese sentido simbólico da existencia como é a poesía. Tiñamos moitísjmo interese en sácalo adiante, xa comentou Demtrio as múltiples dificultades que houbo, pero o festival está aquí e estamos contentísimas e contentísimos de recupéralo e de que Pontevedra poida presumir nesta e en vindeiras edicións, de contar cun grande festival poético.”  

Tensi Xesteira, da coordinación e dirección do festival xunto a Carme Quinteiro, apuntou que “este festival pretende ser un canto á diversidade lingüística e por iso temos poetas das cinco linguas e tamén a nivel temático que abrangue propostas que reivindican a muller no rural como é o caso de María Sánchez ou con clara reivindicación social como Nuria Vilán ou os cantos angolanos de Zheto Cunha, que é o poeta portugués, porque cremos que o mundo é diverso e que a poesía debe expresar esa varidade. Cremos tamén que o festival é un punto de encontro para crear esa comunidade e por iso non so estará no Principal e o Museo, senón que se espallará por outros espazos como os bares e o Espazon Nemonon que se vai reinaugurar na Ferraría como Espazo Mauro Lomba

 A cidade de Pontevedra acollerá a última fin de semana, do 25 ao 27 de outubro, o Festival Poético Veñan as Cinco, que promoven o Ateneo de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, e que se levará a poesía e a música por diversos espazos da cidade, caso do Museo de Pontevedra, o Teatro Principal, os locais O Diaño e A Verbena e o recén inaugurado Espazo Mauro Lomba.

 O festival promete ser unha gran festa da poesía e un reencontro entre as cinco linguas da península. O programa incluirá recitais poéticos, música e clases mestras sobre poesía e procesos creativos de tres participantes. Entre as poetas participantes estarán Nuria Vilán, María Sánchez, Mari Luz Esteban, Zheto Cunha Gonçalves, Mireia Calafell, Silvia Penas e o músico Fran Fernández.

 O acto inaugural do evento vai ter lugar o venres, 25 de outubro, a partir das 19 horas no Museo de Pontevedra, coa presentación do evento e unha performance de poesía e música, que será conducido polas artistas Carmen Quinteiro e Baia Fernández e no que recitarán Nuria Vilán, María Sánchez, Mari Luz Esteban, Zheto Cunha Gonçalves, Mireia Calafell, coa música de Fran Fernández.

 Pola noite, a partir das 22 horas, haberá unha “Noite de Letras” en A Verbena e O Diaño, coa poesía de Silvia Penas no primeiro e a música de Fran Fernández no segundo. Esta proposta tamén se organiza para convidar ao público asistente a recitar ou a ler poesía, co obxectivo de levar a poesía a todos os recunchos da cidade do Lérez.

 O sábado será o día máis completo con programación pola mañá e pola tarde - noite. O Museo acollerá os actos da primeira parte do día, na que están previstas dúas clases mestras sobre o proceso creativo e que serán impartidas polo poeta Zheto Cunha Gonçalves, entre as 11 e as 12 horas, e das 12 ás 13 horas, será María Sánchez quen fale do dela. As persoas que queiran participar nestas actividades, deberán inscribirse previamente a través do enderezo electrónico do festival (festivalvenanascinco@gmail.com). Despois desas clases, ás 13 horas, a praza da entrada do edificio acollerá un concerto do músico Fran Fernández que, en caso de mal tempo, se trasladará ao interior.

 Xa pola tarde, ás 20.30 horas, os actos desenvolveranse no Teatro Principal de Pontevedra, onde terá lugar unha performance poética coas voces de Nuria Vilán, María Sánchez, Mari Luz Esteban, Zheto Cunha Gonçalves e Mireia Calafell.

 E xa o domingo, como remate, o Espazo Mauro Lomba acollerá a última das clases mestras, neste caso coa poeta galega Nuria Vilán. Será a partir das 11.30 horas e para participar tamén se require inscrición previa no enderezo electrónico do festival festivalvenanascinco@gmail.com