 
Concertos do Marisco rematou este sábado por todo o alto con La Pegatina, a banda despediuse dos palcos galegos cun concerto que xuntou a milleiros de persoas en O Grove, no marco da Festa do Marisco. O pasado sábado foi a fin dunha programación de máis de 20 artistas que encheron con música a Praza do Corgo, en O Grove, durante a cita gastrionómica da Festa do Marisco.
Durante os 10 días de programación musical pasaron máis de 30.000 persoas pola carpa de concertos, que gozaron de artistas de gran renome como La Pegatina, Ariel Rot, Delaporte, Carlangas y los Cubatas, Queral Lahoz ou The Rapants.
Unha programación diversa e de calidade, de concertos de balde, dirixida para todos os públicos na que conviven grandes artistas nacionais e internacionais con novas bandas de gran proxección. Ademáis, destaca a gran presenza de grupos locais, con máis dunha decena de propostas e a aposta pola música galega, con artistas como Mondra ou Guadi Galego. Deste xeito, Concertos do Marisco sitúase xa como a cita musical do outono en Galicia. Un evento imprescindible que xa é referencia en Galicia como unha aposta para engadir valor a citas gastronómicas como a Festa do Marisco.
