Catuxa Salom lanza ‘Ela cando baila’, novo avance do seu álbum debut ‘Cāldo’.

A artista, gañadora do Premio Martín Códax 2024 na categoría Músicas do Mundo e Mestizaxe, amplía o seu universo sonoro cun canto de liberación.

24/10/2024 Diego Añon

Catuxa Salom amplía o seu universo sonoro e lanza "Ela cando baila", o cuarto avance do seu álbum debut, "Cāldo", que verá a luz nas vindeiras semanas. Logo de dar a coñecer os sinxelos "Amores rusos", "Augas venir" e "Xa non ves", a artista galega de raíces arxentinas volve sorprender coa publicación dunha nova peza de corte electrónico, que se entrelaza co folk e rimos ancestrais, e no que, ao ritmo dunha frenética muiñera, asina un retrouso liberador no que asevera, categoricamente, que "Ela cando baila", non pode parar de gossar.

"Ela cando baila" é canto de liberación que se acompaña de sintetizadores, pandeiretas e bombos eletrónicos. A través do baile que exerce de elemento catalizador, e da man das súas amizades, a protagonista do tema recolle a súa dor e tristeza para transformalas nun torreiro de forza e festividade. Unha idea, a da conexión coa comunidade como espazo de encontro e coidado, que Catuxa Salom desenvolverá no seu novo traballo discográfico e que se poderá escoitar antes de que remate o ano. 

 Catuxa Salom

 A fusión de ritmos indíxenas arxentinos, folclore galego e bases electrónicas enérxicas é a carta de presentación de Catuxa Salom, artista que irrompeu con forza na escena independiente coa publicación do seu EP "Nunha aldea", sobre o achegamento ao mundo rural. Tras percorrer ducias de salas de concertos e festivais de toda España, e compartir escenario con artistas como Rozalén, El Kanka ou Sra. Tomasa, no 2024 acada o Premio Martín Códax da categoría Músicas do Mundo e Mestizaxe.

De cara a este outono, Catuxa Salom prepara o lanzamento do seu álbum debut, "​​Cāldo", un traballo que ofrecerá, de novo, unha experiencia sonora envolvente e na que o sentido da comunidade e dos coidados estarán moi presentes. Deste primeiro LP xa se coñecen os avances "Xa non ves", "Aguas venir" e "Amores rusos".