"Remanso para Morrer" une o sentimento de morriña de Tanxugueiras e Andrés Suarez.

O tema forma parte de “Sesións Moraima”, serie de actuacións que Andrés publica periodicamente con artistas que admira.

17/07/2024 Diego Añon

Nas propias palabras do cantautor de Ferrol, “Tanxugueiras non só son as creadoras dun estilo, son tamén unhas autoras brillantes. Oxalá esta sexa a primeira de moitas cancións xuntos. Sumar amizade con admiración deixa grandes resultados”.

Por parte de Tanxugueiras, engaden: "Con Andrés tivemos unha conexión moi guai, el quería falar no tema sobre a súa historia, e da morriña que sentiu cando marchou de Galicia para poñer rumbo a Madrid. Polo noso lado, centrámonos nese sentimento que temos tan ancorado, o de querer tanto á nosa terra, e o que nos produciría a nivel sentimental ter que marcharnos de aquí. Témoslle moito agarimo a este tema, e poder cantalo e gravalo en directo tamén foi xenial". 

O trío Tanxugueiras está xa inmerso na súa nova xira para este 2024, que inclúe numerosas datas a nivel nacional e tamén internacional. Esta pasada fin de semana protagonizaron un épico momento xunto a Arde Bogotá no festival Portamérica, interpretando xuntos "La Salvación".