O festival A Candeloria, en Lugo, anuncia os horarios dos concertos.

21/02/2024 Diego Añon
O festival lucense A Candeloria anuncia os horarios dos concertos. Máis dunha ducia de actuacións de grupos de rock, rap ou ska tocarán en Lugo os días 1 e 2 de marzo no Pazo de Ferias e Congresos. O festival naceu en 2014 coa vontade de traer a Lugo unha programación musical de rock, rap, punk ou ska de primeiro nivel. Neste tempo consolidouse como un evento de referencia para os amantes do xénero. Para esta edición A Candeloria chega á cidade con dous días de música e as entradas case esgotadas.

Nesta edición, A Candeloria trae dúas noites de música e unha sesión vermú de Cantos de Taberna. Un dos pratos fortes da edición e a despedida do grupo valenciano ZOO, que tocará o día 1 de marzo ás 22:55. O seu paso por A Candeloria será a única parada en Galicia dunha banda que dende 2014 revolucionou a escena musical estatal. Os fans dos tamén valencianos Mafalda terán a oportunidade de velos o sábado ás 19:00. E non será a única despedida, o grupo Los Chikos del Maíz, vellos coñecidos do festival, anunciou recentemente unha “tregua indefinida” dende o próximo ano. Pasarán polo palco o sábado ás 23:30.

Completan o cartel do venres 1 de marzo Rebeliom do Inframundo, os galegos Familia Caamagno), Pigs Parlament, o grupo de rap Ira , Kamikazes e Jordi Pánico será o dj entre actuación e actuación. O sábado 2 de marzo pasarán polo palco, xunto a Chikos del Maíz e Mafalda, os xa parte da familia do festival Soziedad Alcoholika, a banda de ska punk italiana Talco, o dúo feminino Tribade e Arrhythmia. Tamén pasarán pola festa Me Fritos and The Gimme Cheetos e La Duendeneta animará entre actuacións.

HORARIOS COMPLETOS
VENRES 1

Kamikazes - 19:00
Familia Caamagno - 20:15
Ira - 21:25
ZOO - 22:55
Pigs Parlament - 00:55
Rebeliom do Inframundo - 02:15
Dj entre actuacións: Jordi Pánico

SÁBADO 2

Tribade - 17:45
Mafalda - 19:00
S.A - 20:35
Arrhythmia - 22:15
Los Chikos del Maíz - 23:30
Talco - 01:10
Me Fritos and The Gimme Cheetos - 02:30
Dj entre actuacións: La Duendeneta

O SÁBADO A MÚSICA TRASLÁDASE AOS BARES COS “CANTOS DE TABERNA”
A Candeloria completa a súa programación cos xa tradicionais Cantos de Taberna. Ata nove agrupacións pasarán por distintas tabernas da cidade lucense para animar o mediodía do sábado.