 
De Ninghures afonda na súa aposta pola renovacion das músicas de raíz e por crear un novo camiño na actualización da tradición, cos pés na terra mais desde un prisma contemporáneo. Este martes, 17 de decembro, a formación dará a coñecer 'A Burriña', unha peza que aborda a imaxe do traballo da muller e que se presentará coma un torrente de forza, ateigado de cordas vibrantes e país.
O tema, o segundo avance do novo traballo discográfico da banda -que verá a luz nos primeiros meses de 2025, e do que xa se coñece 'Corazón alionado'-, está producido por Juan de Dios Martín .
Ao igual que 'Corazón alionado', o tema que a banda deu a coñecer no mes de novembro, 'A Burriña' é unha peza cun marcado carácter, e que a través de letras propias e da revisión de coplas tradicionais, aborda a imaxe do traballo da muller e a súa falta de recoñecemento malia o seu esforzo silencioso, constante e necesario.