Maika Makovski inaugurara a sétima edición de ELAS SON ARTISTAS cun concerto no teatro Colón da Coruña.

A sétima edición de Elas Son Artistas celebrarase entre os meses de abril e novembro en diferentes espazos, tanto públicos como privados, da área metropolitana de A Coruña.

01/04/2024 Diego Añon
A sétima edición do aclamado Ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes, Elas Son Artistas, prepárase para cegar cunha programación excepcional que destaca o talento feminino na escena cultural. Este evento anual, recoñecido polo seu compromiso coa diversidade e a equidade nas industrias culturais e homenaxear á mulleres creadoras, regresa con máis forza que nunca para celebrar e promover a creatividade das mulleres artistas pola área metropolitana da Coruña.
Desde o 18 de abril, o Teatro Colón da Coruña será testemuña do maxistral concerto inaugural de Maika Makovski, unha figura destacada no panorama musical contemporáneo, Artista multidisciplinar onde as haxa, o seu talento musical, a súa multitude de influencias e a urxencia da súa constante procura de espírito fai dela un nome verdadeiramente único na escena actual.. Georgina, a talentosa cantautora venezolana, ofrecerá unha actuación íntima o 11 de abril na Sala Mardi Gras, sendo esta data a Festa de presentación da sétima edición, onde os asistentes terán a oportunidade de participar en sorteos de entradas e poxa de obxectos artísticos exclusivos do ciclo. A programación este mes de abril concluirá o día 27 no Auditorio da Fábrica do Concello de Oleiros con GUADA, quen presentará en exclusiva en Galicia o seu último disco "Cuero", nun evento que promete ser inesquecible xa que a artista arxentina combinará a súa facción máis cancionista cunha parte dedicada a este último cancioneiro, máis performático e animal. As entradas poden adquirirse o mesmo día do evento na taquilla do Auditorio da Fábrica.
O Ciclo Elas Son Artistas gañouse recoñecemento polo seu compromiso coa diversidade e a equidade nas industrias culturais. Durante varios meses do 2024 ofrecerá unha experiencia cultural enriquecedora que abarcará música en vivo, exposición, poesía, teatro, humor, obradoiros creativos, entre outras disciplinas artísticas.
Elas Son Artistas é moito máis que un festival ou un ciclo de espectáculos artísticos. Unha reivindicación pola igualdade de xénero na cultura e unha homenaxe á mulleres creadoras. Este ciclo demostrou a súa capacidade para evolucionar e adaptarse, impulsado por un compromiso inquebrantable coa igualdade e o talento feminino en todas as súas manifestacións artísticas.
O vindeiro mércores 3 de abril (12.30 horas), o Teatro Colón da Coruña acollerá a presentación deste VII Ciclo coa presenza de artistas, representantes de Concellos e entidades colaboradoras. Ese día desvelarase unha parte importante das artistas participantes entre abril e novembro.