 
O festival 17º Ribeira Sacra, que celebrará a súa novena edición os días 18, 19 e 20 de xullo avanza a programación do seu cartel musical. A artista mexicana Julieta Venegas é a primeira confirmación internacional da proposta musical do evento, que se completará con experiencias ao redor da gastronomía, paisaxe, patrimonio ou a arte. É o único concerto da artista confirmado en Galicia para este verán. 17º Ribeira Sacra toma como escenario distintas localizacións da Ribeira Sacra, sendo a principal Bodegas Regina Viarum. Os abonos para o evento xa están á venda na páxina web festivalribeirasacra.com
Julieta Venegas, unha referente da música mundial nun concierto único.
O concerto de Julieta Venegas será un dos momentos máis especiais de 17º Ribeira Sacra. Unha oportunidade única de escoitar a unha das voces referentes da música latinoamericana nunha contorna única en plena Ribeira Sacra, Bodegas Regina Viarum. Gañadora de 8 Latin Grammys e un Premio Grammy, entre preto de medio centenar de recoñecementos internacionais. Actualmente, é a artista mexicana feminina máis escoitada en Spotify e a única dentro do Top 500 a nivel global.
17º Ribeira Sacra completará a súa programación proximamente con novas propostas musicais que terán lugar en contornas inigualables, como o Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra a bordo do catamarán polo río Sil. Tamén anunciará a programación de Experiencias, accións en pequeno formato que viran en torno á paisaxe da Ribeira Sacra, a gastronomía, o patrimonio ou a arte para ofrecer ao público unha viaxe a través da historia e vangarda da Ribeira Sacra. Ademais, queda por desvelar a proposta gastronómica, que nesta edición destacará por ampliar e diversificar a súa oferta dando un lugar destacado á gastronomía local. Como é habitual, tamén contará con recoñecidos chefs galegos.
A aposta pioniera da marca Festivales Territorio
17º Ribeira Sacra é o primeiro evento de marca Festivales Territorio, unha aposta da promotora galega i-radia Crea por crear festivais respectuosos co territorio cunha programación diversa en distintas zonas maioritariamente rurais. En 2023 17º Ribeira Sacra foi recoñecido como Mellor Festival en Pequeno Formato nos Iberian Festival Awards por terceiro ano consecutivo e recentemente logrou 14 nomeamentos no mesmo certame. Os festivais irmáns Esférica Rioja Alavesa (País Vasco); Terra Bobal Fest e Nómade (Comunidade Valenciana) e Canari (Illas Canarias) seguen o modelo de 17º Ribeira Sacra en diferentes puntos do territorio nacional.
 
            Compra tus entradas para la gira "GALLO NEGRO" de Villanueva.