 
13/01/2024 Paloma Fernández
BIGSOUND Pontevedra prepárase para marcar un fito na música urbana os días 11 e 12 de xullo de 2025 no Parque de Tafisa. Cun cartel que reúne ás maiores estrelas nacionais e internacionais do xénero, o festival promete converterse no evento musical máis importante do verán en Galicia. Tras triunfar en Valencia e Sevilla, BIGSOUND desembarca en Pontevedra cunha experiencia única que fusiona música, cultura e espectáculo.
 LUCK RA: FÚTBOL E MÚSICA UNIDOS
            BIGSOUND Pontevedra énchese de orgullo por anunciar a participación de Luck Ra, o cantante arxentino que marcou un antes e un despois na música e o fútbol. O seu éxito “La Morocha”, unha cativadora fusión de cuarteto e trap, converteuse no himno non oficial da afección do Pontevedra CF durante a súa histórica actuación na Copa del Rey 2024-2025.
           
         
O Pontevedra CF alcanzou os oitavos de final tras vencer a rivais de maior categoría como o Levante, o Villarreal e o Mallorca, levando a emoción dos seus triunfos a toda Galicia. Este mesmo mércores 15 de xaneiro terá lugar o histórico partido contra o Getafe para meterse en cuartos de final do torneo e agrandar máis o fito, onde “La Morocha” volverá a soar e será protagonista, sendo a banda sonora desta fazaña e unindo a xogadores e afeccionados nunha paixón compartida.
Este tema, que transcendeu o ámbito deportivo, vivirá o seu momento máis épico cando Luck Ra o interprete en vivo ante milleiros de seguidores en BIGSOUND Pontevedra, creando un recordo inesquecible para todos os asistentes.
O arxentino é un dos artistas do momento. Fai escasas semanas protagonizou a Bizarrap Session 61, acumulando e só dúas semanas máis de 14 millóns de escoitas en Spotify e máis de 11 millóns de reproducións en YouTube. Dende o seu salto á fama o cantante está a colaborar con artistas internacionais da talla de Maluma, Chayanne ou Nicki Nicole.
BIGSOUND PONTEVEDRA: UNHA CELEBRACIÓN ÚNICA DE MÚSICA E TALENTO
O espectáculo non se detén con Luck Ra. BIGSOUND Pontevedra presenta un cartel estelar que reúne ás figuras máis destacadas do xénero urbano, combinando o mellor da vanguardia musical e as raíces culturales nun evento único.
Entre os artistas confirmados, destacan Nicky Jam, coa súa única actuación en Galicia en 2025; Tanxugueiras, o grupo galego máis importante da actualidade; Juan Magán, pioneiro do electro-latino; e Cali y El Dandee, iconas internacionais. Tamén se suman talentos tan aclamados como Amaia, Omar Montes, Abraham Mateo, La Zowi, Ptazeta, Julieta, Depol, Marc Seguí e María Escarmiento.
Un lineup que fusiona modernidade e autenticidade, consolidando a BIGSOUND Pontevedra como o evento musical imprescindible do verán.
 
            Compra tus entradas para la gira "GALLO NEGRO" de Villanueva.